O Padronés Cortizo avanza na configuración do persoal que loitará por novas metas a partir do próximo mes de febreiro e acaba de confirmar a renovación de Vojtech Kminek, un da ciclistas revelación da pasada campaña.
Nacido na localidade checa de Rymarov hai 23 anos, Kminek chegou a Padrón procedente do TJ Favorit Brno coa idea de impulsar a súa carreira e loitar polo soño de converterse en ciclista profesional. No seu debut co Cortizo, o seu rendemento foi brillante, logrando a vitoria na Volta á Comarca Brigantina, o Gran Premio de Porriño, a Domaio Heroica e a segunda etapa da Volta a Zamora. Ademais de subirse catro veces todo o máis alto do podio, Voita,como lle chaman os seus compañeiros, foi clave no rendemento xeral do equipo. “É un gran esprinter e un excelente rodador que nos achega moitas cousas nas etapas chairas dun día ou nas típicas rompepiernas onde estabamos máis descompensados”, asegura o seu director deportivo, Marcos Serrano. “Na súa primeira campaña connosco demostrou un excelente nivel. Por números, podería dar o salto de categoría este ano, pero preferimos ser cautelosos e que compita unha campaña máis como elite. Isto vaille a permitir seguir curtiéndose deportivamente e prepararse para que un posible ascenso ao profesionalismo sexa para quedar, non flor dun día”, engade Serrano.
Pola súa banda, Vojtech tamén coincide no diagnóstico do seu director deportivo. “Claro que me encantaría dar o salto a profesionais este ano, pero coincido con Marcos en que unha tempada máis como elite achegarame a madurez deportiva necesaria para consolidarme en categorías superiores cando chegue ese momento. Estou moi feliz en Padrón, somos unha gran familia e síntome como na casa. Seguirei traballando co obxectivo de crecer como ciclista e como persoa, axudando ao equipo para conseguir vitorias para achegarme un pouco máis ao soño de ser profesional”
Coa renovación de Vojtech Kminek, xa son seis os corredores que teñen asegurada a súa continuidade no proxecto do Padronés para o 2024. Xunto ao checo, estarán Martín Rey, Alejandro Paz, Marc Torres, Hugo Calvo e Carlos Gutiérrez, confirmados nas últimas semanas.