En 1956 nacía en Padrón a Pena Ciclista Bernárdez fundada por Francisco Rodríguez, quen se apoiou na parcela deportiva por Julio Vázquez. Ambos, apaixonados do ciclismo, puxeron en marcha a entidade coa intención de impulsar este deporte na comarca do Sar.
O proxecto tivo gran acollida; tanta que, pasadas dúas décadas, decidiron cambiar o nome orixinal polo de Club Ciclista Padronés, homenaxeando así á vila que os viu nacer. Despois de 66 anos de historia, o Club Ciclista Padronés pode presumir de ser o equipo decano de Galicia e contar cunha canteira que lanzou ao pelotón profesional a grandes figuras deste deporte como como Blanco Villar, José Ángel Vidal, José Manuel Oliveira ou Ezequiel Mosquera.