A sede

Escola de valores

Dende o 2022, o Club Ciclista Padronés Cortizo conta cunha sede de máis de 1000 m², repartidos en 4 plantas, dotada do equipamento máis avanzado: sala de biomecánica, taller, ximnasio, aulas de formación, residencia e todo tipo de comodidades que converten a este edificio nunha referencia do ciclismo profesional.

Pero máis aló da formación deportiva, este centro ten como obxectivo fundamental inculcar a todo o noso persoal os valores que nos identificaron ao longo de máis de seis décadas de historia: respecto, esforzo, compañeirismo, traballo en equipo e humildade como principios básicos do crecemento persoal e profesional.